Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novo apagón en Cambados, quedan 12 horas sen luz

Novo apagón en Cambados, quedan 12 horas sen luz

Sucedeu en plena ponte do primeiro de maio e coas reservas cheas 

Non puideron ofrecer comidas nin ceas

G24.gal 04/05/2025 19:49

Os negocios do centro de Cambados volveron quedar sen luz esta fin de semana. Pasaron máis de 12 horas sen subministración.

"O sábado houbo outro apagón. Saín e desculpeime coa xente (que estaba no comedor) porque non podía servirlles a comida", relata Pablo Rodríguez, do Restaurante Lume.

Sucedeu nun sábado con moitas reservas e en plena ponte, cando hai moitos turistas na vila.

"Tiña cheo (o resturante) a medio día cun bautizo e á noite tamén. Ás catro da tarde pechamos porque non podíamos dar xantar e tampouco puidemos pola noite", lamenta Miguel Solla, de Casa de Miguel.

Cada un viviuno a súa maneira porque non afectaba igual a todos os locais. 

"Dentro do local tiñamos luz pero no almacén non. Noutros establecementos ía tamén por partes, tiñan luz na sala e cociña non", rememora Diego Comino, do Restaurante O Casal.

Con algo de humor reaccionou o hostaleiro Manolo Martínez:

"Marchou a luz e non traballamos, moi ben. Estiveron moito tempo sen poder vir. Hai que ter paciencia".

Aseguran que non é aprimeira vez que lles pasa polo que reclaman o arranxo e unha revisión completa para evitar novos apagóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade