Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nove incendios forestais en León obrigan a evacuar 35 veciños e cortar o acceso ás Médulas

Nove incendios forestais en León obrigan a evacuar 35 veciños e cortar o acceso ás Médulas

Navarra desprega 6 helicópteros e 4 avións contra o incendio de Carcastillo

Situación "favorable" do incendio de Ávila, con reactivacións durante a noite

G24.gal 10/08/2025 13:08

A veciña provincia de León é nestes momentos a zona española máis afectada polos incendios forestais, con nove lumes activos.  Os traballos de extinción dun dos incendios máis preocupantes na zona, o rexistrado nos montes de Yeres, obrigaron a cortar os accesos ao espazo natural das Médulas.

O fume obrigou a evacuar a 35 veciños.  O outro lume de nivel dous en León afecta aos montes da localidade de Llamas de la Cabrera. A maior parte dos outros sete lumes activos en León afectan tamén ao Bierzo.

Situación "favorable" do incendio de Ávila, con reactivacións durante a noite

Máis positiva é a evolución do incendio que queimou máis de 500 hectáreas nas localidades de San Bartolomé de Pinares e das Navas do Marqués, en Ávila, onde os veciños evacuados xa puideron volver ás súas casas.

Navarra desprega 6 helicópteros e 4 avións contra o incendio de Carcastillo

Seis helicópteros e catro avións, un deles en funcións de coordinación, traballan desde o aire para tentar controlar o incendio forestal desatado onte á noite no termo municipal de Carcastillo, onde ademais son numerosos os efectivos que o atacan por terra.

Dada a necesidade de solicitar medios extraordinarios, ás 8:00 horas deste domingo activouse a Situación 2 do Plan Especial de Protección Civil por Incendios Forestais (INFONA), que permite contar con recursos estatais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade