Nove coleccións singulares expostas en Ourense
Billetes que foron de curso legal no mundo ou selos, e outras máis extraordinarias, como marcapáxinas
Unha colección de postais de hórreos e unha sobre o que foi a Ciudad de los Muchachos de Benposta
A maioría empeza coleccionando cromos e acaba descubrindo todo un mundo de posibilidades. Unha exposición que acaba de inaugurarse en Ourense.
A mostra, que está exposta no edificio principal de Correos en Ourense, recolle nove coleccións, desde as máis típicas, como billetes que foron de curso legal no mundo, ou selos, a outras máis extraordinarias, como marcapáxinas, unha colección de postais de hórreos e unha sobre o que foi a Ciudad de los Muchachos, Benposta, en Ourense.
Nesta colección de coleccións hai obxectos que estimulan a memoria e outros que servirían para dar unha clase maxistral, coma esta colección de bitolas de premios Nobel.
Bitolfilia, loterofilia ou cartofilia. Hai unha palabra para cada afección. José, coma moitos, empezou polos cromos. Decantouse entón polos selos, xa levou varios premios polas súas coleccións.
Aquí podemos ver algún da cidade dos Muchachos. Tamén billetes, as coronas, de curso legal exclusivamente en Benposta.
Cada colección esconde tamén as súas historias. Unha postal que alguén enviou desde Vilanova ou aquela participación da lotaría que alimentou a ilusión dunha familia no linxincuo 1926.