Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álvaro Vila, novo secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Ourense tras gañar as primarias

Álvaro Vila, novo secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Ourense tras gañar as primarias

Alvaro Vila gañou cun 52,77% dos votos, fronte á alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, que obtivo o 46,04%

José Tomé, elixido secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE de Lugo

G24.gal 27/04/2025 23:15

Álvaro Vila foi elixido este domingo como secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Ourense ao alzarse cun 52,77% dos votos das primarias, fronte á alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, que obtivo o 46,04%.

Segundo os datos facilitados polo alcalde de Taboadela e voceiro do PSOE na Deputación, Álvaro Vila, venceu con 447, fronte aos 390 obtidos por Patricia Domínguez. Houbo sete votos en branco e catro nulos.

No proceso participaron 850 militantes de 1.360 que estaban chamados a votar neste proceso orgánico. Desta forma, a participación alcanzou 63,48% do censo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade