Ourense sofre outra nova xornada de retencións na A-52 polas obras de asfaltado
Ourense sofre outra nova xornada de retencións na A-52 polas obras de asfaltado
Os traballos provocaron ringleiras de vehículos na autovía entre cidade e Alongos nos momentos de máis tráfico
O asfaltado da A-52 entre Ourense e Alongos, en dirección Vigo, obriga a desviar o tráfico pola plataforma cara a Benavente que, a o longo de cinco quilómetros, ten dobre sentido. Unha situación que, en pleno mes de agosto, está a provocar retencións de ata varios quilómetros nos momentos de máis tráfico.
Os usuarios quéixanse de que as obras se leven a cabo coincidindo coas vacacións e o maior volume de desprazamentos nas estradas aínda que recoñecen que se tratan de obras moi demandadas polo mal estado do firme.
Dende o Goberno subliñan que este tipo de traballos, de asfaltado, adoitan facerse nesta época polas condicións meteorolóxicas.