O transporte de viaxeiros por estrada segue este venres en folga, coa ameaza dun paro indefinido
O transporte de viaxeiros por estrada segue este venres en folga, coa ameaza dun paro indefinido
O seguemento este xoves foi do 80%, segundo Comisións Obreiras
Piden que se recoñeza a penosidade e perigosidade da profesión
Os paros afectan a autobuses urbanos, interurbanos, transporte discrecional e tamén algunhas rutas escolares
A convocatoria de folga repetirase este venres en todo o Estado
100.000 condutores do transporte urbano, interurbano, discrecional e escolar de toda España estaban convocados á folga. Loitan porque lles permitan xubilarse aos 60 anos. Este venres volverá haber paros. Tamén o 5, o 9 e o 23 de decembro, cando ameazan con facer a protesta indefinida.
Este xoves funcionaron os servizos mínimos, pero a escaseza de autobuses repercutiu na puntualidade. e pillou moitos usuarios despistados.
Centos de persoas agardaban nas paradas e nas estacións para poder chegar aos seus destinos. Outros buscaban alternativas como o tren, e os que non podían perder máis tempo decidíanse por un taxi.
Esta convocatoria, a diferenza da anterior, só está apoiada por CCOO, que fala dun 80% de seguemento. UXT se descolgou do paro. Os convocantes piden que se lles recoñeza a penosidade e perigosidade da súa profesión para anticipar a xubilación sen penalización nas pensións.
A xornada transcorreu sen incidentes e cumpríronse os servizos mínimos.
A convocatoria de folga a nivel nacional repetirase este venres. Se non se consegue antes un acordo, o paro converterase en indefinido a partir do 23 de decembro.