Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nova liorta nocturna multitudinaria na zona vella de Lugo

Nova liorta nocturna multitudinaria na zona vella de Lugo

Varios mozos intercambian golpes ante a pasividade dun grupo de espectadores

G24.gal 26/03/2023 20:31 Última actualización 26/03/2023 21:11

As imaxes dunha liorta nocturna en Lugo, captadas por un teléfono móbil, espalláronse deseguida polas redes sociais. Na gravación, varios mozos intercambian golpes na zona vella.

Hai público pero ninguén avisa a policía. Nos días posteriores tampouco se rexistraron denuncias nin ingresos médicos.

A veciñanza reclama a instalación de cámaras pero, polo momento, as autoridades locais non contemplan esa posibilidade. 

No que vai de ano esta é a segunda refrega multitudinaria que ocorre de noite na parte histórica de Lugo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade