Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía identifica cen persoas nunha operación contra o tráfico de estupefacientes en Santiago

A Policía identifica cen persoas nunha operación contra o tráfico de estupefacientes en Santiago

A redada foi en dous locais de ocio nocturno da zona nova da cidade

Hai dúas persoas detidas

 

G24.gal 21/11/2025 14:40

Neste local de ocio nocturno situado nunhas galerías da zona nova de comezaba a operación policial contra o tráfico de estupefacientes. Eran arredor das sete da mañá. A policía detivo dous mozos de 18 e 30 anos que se atopan en situación irregular en España. Arredor das oito das mañá, os axentes entraron nestoutro pub na rúa Fernando III o Santo, moi preto das estación intermodal.

"Viña da estación e xa non podía subir porque estaba toda a rúa ocupada por policías, había como cinco furgóns e tres ou catro coches da Policía local. Chegaban os coches aquí arriba" , comenta unha moza.



Na redada, os axentes identificaron un cento de persoas e incautáronlles drogas e armas brancas aos clientes que estaban nese momento no establecemento. A propietaria deste pub Stilo di que a avisaron que había unha redada no Pub TNT .

 

"Cando chegaron aquí con moita educación, eu creo que eles veñen porque culpa dos veciños que nos teñen acosados" ."Non somos delincuentes", conta.

"Nós o que queremos é ter unha vida normal na rúa. Si eu non teño nada en contra do bar pero trae moitos problemas e é o que pasa cada sábado e cada domingo. Eu teño un negocio tes que abrir máis tarde", di un veciño.

"Hoxe chamou á atención porque había moito despregue pero aquí os problemas son as fins de semana, hai pelexas, xente que se está drogando que se meten nos portais e ameaza á xente", relata outra muller.

A Policia Local levantou actas por incrumprimentos administratativos referidas á capacidade de ocupación e os horarios de apertura e peche.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade