Publicador de contidos

Publicador de contidos

En prisión un veciño de Monforte que golpeou dous mozos cunha chave inglesa

En prisión un veciño de Monforte que golpeou dous mozos cunha chave inglesa

Unha das vítimas quedou inconsciente tirada no medio da rúa e tivo que ser trasladada ao hospital comarcal

Reconstrución das lesións sufridas por unha das vítimas, de 23 anos
Félix Aragunde 23/05/2025 13:54

Dúas persoas quedaron feridas nun altercado rexistrado na zona de marcha de Monforte. Tal como se pode apreciar neste vídeo gravado por unha veciña, o presunto agresor esixiulles ás vítimas a entrega de 50 euros antes de golpealas cunha chave inglesa. Debido aos golpes, un mozo de 23 anos quedou inconsciente e tivo que ser trasladado ao hospital comarcal.

"Chamamos primeiro a ambulancia. Cando estaba dentro, aínda desorientado, considerou que non debería denunciar no momento. Non sabía que facer. Foi algo moi grave, unha situación moi crítica", relata César Correa, pai dunha das vítimas do suceso. 

Debido ás contusións sufridas na cabeza, unha das vítimas da agresión podería quedar con graves secuelas para toda a vida, mesmo coa perda da visión nun dos ollos.

"O meu fillo veu para a casa e ao día seguinte comezou a botar sangue pola boca. Tiña a cara inchada, toda partida, e resolveu ir ao hospital e facer denuncia. E descubriu o vídeo que está espallándose pola cidade coa secuencia da agresión. Á parte do ollo, afectoulle ao nervio por dentro, e non se pode mover moito porque pode quedar cego", engade Correa. 

Tocante ao presunto agresor, que tiña antecedentes por feitos similares, axiña foi detido. Unha vez posto a disposición da xustiza, o Xulgado de Instrución de Monforte decretou o seu ingreso en prisión á espera de xuízo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade