Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nova intervención policial nun pub de Lugo que carece de licenza

Nova intervención policial nun pub de Lugo que carece de licenza

O establecemento estaba funcionando, malia ter orde de precintar o equipo de música

G24.gal 19/03/2023 20:58 Última actualización 19/03/2023 21:08

Unha vez máis a policía tivo que intervir nun negocio nocturno situado na rúa Tui de Lugo por un novo incumprimento.

Do Concello indicáranlle á propietaria que tiña que retirar o equipo de música e a media mañá o local seguía coa actividade habitual.

Os veciños están fartos da situación. Moitos non queren falar, e os que o fan prefiren non ser identificados en cámara. Dudan da eficacia das medidas adoptadas porque levan anos demandando unha solución.

Se o negocio non presenta alegacións ou non acomete as medidas ditadas contra el precintarase, o que suporá o peche do local. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade