Nos mercados xa falan dunha diminución de capturas coa súa correspondente suba de prezos
Comezan a escasear especies como o peixe sapo ou a pescada do pincho
Primeiro día con peixe fresco nos mercados galegos desde a entrada en vigor do novo regulamento pesqueiro da Unión Europea e xa se deixa sentir.
Os vendedores falan dunha diminución de capturas. No mercado coruñés da praza de Lugo, por exemplo, contan que xa notaron que na lonxa había, por exemplo, menos peixe sapo, meiga ou pescada do pincho.
E ao haber pouco peixe e moitos compradores, o prezo dispárase.
E o marisco tamén se está a ver afectado polo novo regulamento pesqueiro da Unión Europea.
Así as cousas, os vendedores ven a próxima campaña do Nadal, un mes importante para a súa facturación, con incerteza e preocupación.
Non queren ser pesimistas, pero din que os tempos que veñen non van ser doados para o sector.