Publicador de contidos

Publicador de contidos

O celtismo celebra a súa segunda clasificación consecutiva a Europa League

O celtismo celebra a súa segunda clasificación consecutiva a Europa League

As rúas de Vigo tinguíronse de celeste para celebrar a gran temporado do equipo 

Especiais do 'En xogo' coa clasificación europea do Celta e o posible ascenso do Deportivo

G24.gal 23/05/2026 21:15 Última actualización 24/05/2026 10:22

Día de festa en Vigo, día para festexar a gran temporada do Celta. Nin o mal tempo estraga a troula. E miles de persoas tinguiron as rúas da cidade de cor celeste. 

A mediodía a previsión de treboadas obrigou a cancelar as actividades que o Celta preparara para esta xornada. Aínda así o ambiente non decaeu nos arredores de Balaídos. Tamén praza América ateigouse de seareiros desde ben cedo.  

A afección do Celta botouse á rúa para celebrar unha gran temporada en que se clasificaron para xogar na Europa League.

Nada máis rematar o encontro, a festa desatouse dentro do Estadio. E, poucos minutos despois, foron saíndo os protagonistas desta segunda clasificación consecutiva para Europa para recibir o alento do público. Significativas foron as verbas de Claudio Giráldez, de Marián Mouriño e do capitán Iago Aspas.

Rematado o acto, confirmouse que o plantel non ía acudir á Praza de América, pero iso non freou aos siareiros, que aínda estaban arredor do Estadio de Balaídos.

O público saía de Balaídos, pero aínda quedaba moita gana de troula. Así que se foron xuntando na Praza de América, que ía collendo cada vez máis ambiente. Era o inicio dunha longa noite na cidade de Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade