Cargando resultados...
Netflix remata o terceiro trimestre de 2022 con aumento de subscritores
A plataforma estrea en novembro o novo plan, que incluirá publicidade
Os dous primeiros trimestres foron de perda de usuarios
G24.gal
19/10/2022 08:59
Netflix pecha o terceiro trimestre deste ano gañando subscritores. A plataforma estivo os seis primeiros meses perdendo máis dun millón de usuarios, pero acaba de comunicar unha ganancia de 2,4 millóns de subscritores. Ten 223 millóns de usuarios en todo o mundo.
En novembro, Netflix pon en marcha un novo plan de subscrición que incluirá publicidade a cambio dun prezo reducido nas mensualidades. Iso si, a plataforma segue co plan de acabar coas contas compartidas.