Cargando resultados...
Rescatados os dous tripulantes dunha dorna que foi a pique en Bueu
Foron trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro con síntomas de hipotermia
A dorna está no porto de Bueu
G24.gal
28/05/2022 09:31
Última actualización 28/05/2022 17:28
O helicóptero Pesca I de Salvamento Marítimo rescatou dous veciños de Bueu que navegaban nunha dorna a tres millas de Cabo Udra ao iso das 6:00 da mañá. Un dos tripulantes chamou ao 112 para pedir axuda porque a embarcación sufrira unha vía.
Ambos os dous foron trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro con síntomas de hipotermia. A dorna, con base na parroquia de Beluso, permanece no porto de Bueu tras ser remolcada por un barco de Salvamento Marítimo.
A Garda Civil vai elaborar un informe do sucedido que reenviará á Capitanía Marítima. Será este órgano o encargado de determinar se houbo algún tipo de neglixencia e se resulta preciso abrir unha investigación.