Cargando resultados...
Cinco falecidos no incendio dun barco en Indonesia
Os pasaxeiros botáronse ao mar ao ver o avance do lume
Os servizos de urxencia rescataron 280 pasaxeiros
G24.gal
20/07/2025 21:14
Cinco persoas morreron e tres quedaron feridas nun incendio dun barco en Indonesia.
Os servizos de urxencia rescataron máis de 280 pasaxeiros pero podería haber aínda máis vítimas.
Así se recolle nos propios vídeos que gravaron os primeiros viaxeiros rescatados. A embarcación KM Barcelona, pintada coas cores do equipo, sufriu un incendio na popa e ante a virulencia das lapas e o fume os pasaxeiros tiráronse ao mar cos chalecos salvavidas.
Moitos foron rescatados polos pescadores que faenaban na zona e polos equipos de salvamento.
