A retirada do tren descarrilado nas Neves permitirá restablecer este mércores a circulación entre Ourense e Vigo
A retirada do tren descarrilado nas Neves permitirá restablecer este mércores a circulación entre Ourense e Vigo
A vía xa está operativa, pero Renfe mantén este martes o plan alternativo
O corte afectou catro trens diarios de Media Distancia e varios servizos de longa distancia
A circulación entre Vigo e Ourense restablecerase este mércores despois de que finalizaran os traballos de retirada do tren de mercadorías que descarrilou nas Neves o 15 de novembro.
Fontes do Adif indican que a vía xa está en condicións de uso na zona do incidente, aínda que Renfe manterá este martes o plan alternativo de transporte.
O corte obrigou a modificar o servizo de catro trens diarios de Media Distancia entre Vigo Guixar e Ourense, dous por sentido.
Os viaxeiros realizaban por estrada o traxecto ata Arbo para continuar despois a viaxe en tren.
Os usuarios do tren de longa distancia a Barcelona, que cobre esa ruta varios días á semana, desprazábanse en autobús entre Ourense e Vigo, segundo a dirección do percorrido.