Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nace a plataforma galega solidaria Terra Move

Nace a plataforma galega solidaria Terra Move

Un dos proxectos que impulsan é o do club Atletismo Sada, que busca fondos para mellorar as súas instalacións

G24.gal 23/10/2025 14:16

Hai ferramentas que transforman a solidariedade en accións concretas. A plataforma galega Terra Move é unha delas. Botou a andar hai pouco máis dun mes para conectar proxectos locais con persoas dispostas a colaborar. E as súas primeiras campañas xa deron resultado.

A filosofía que se agocha detrás desta plataforma dixital é sinxela: dar visibilidade a proxectos locais relacionados co deporte, a cultura ou o medio ambiente que teñan impacto social. O que ofrece é que cada un de nós poidamos ser parte do cambio.

Segundo o presidente da Fundación Amare Terra, impulsora da iniciativa, podemos axudar economicamente e tan importante coma iso é darlles visibilidade

A web permite seguir o progreso das iniciativas, ver como se empregan os fondos e coñecer sobre todo os rostros que hai detrás de cada proxecto.

Un deles é o do club de atletismo Sada. Foi dos primeiros en sumarse a esta iniciativa. Levan 14 anos loitando por mellorar as súas instalacións, que agora son compartidas. E por vez primeira, confían en poder conseguilo. Xa levan recadados máis de catro mil euros, e esperan chegar aos cen mil 

En pouco máis de mes e medio Terra Move xa recadou máis de 60.000 euros para as once primeiras propostas que impulsan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade