Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conviven acotío con escenas violentas nunha zona da Coruña onde hai tres centros educativos

Conviven acotío con escenas violentas nunha zona da Coruña onde hai tres centros educativos

Veciños da chamada Cidade Escolar denuncian problemas pola presenza de ducias de toxicómanos e piden vixilancia continua

G24.gal 23/10/2025 13:48

Desesperados, así din estar os veciños e comerciantes da zona da Coruña chamada Cidade Escolar. "O problema é toda esta xente que está nos bancos. Veñen xa a primeira hora beber e consumir outras substancias, e despois pasa o que pasa".

"Aquí hai tres centros educativos aos que veñen cativos de todas as idades e a eles tamén os increpan", explican veciños e comerciantes.

Hai escasos días, na zona gravaron un vídeo en que se ve un enfrontamento entre un toxicómano e un veciño. Momentos antes, o toxicómano pedíralle cartos a un rapaz de 13 anos.

"O neno non lle deu cartos e ameazouno de morte". "E grazas que apareceu un veciño que colleu ese rapaz e o quitou de aí. E chamaron a policía". "E o toxicómano ameazou de morte o veciño, o rapaz. Non pode ser". "E creo que eran as catro da tarde".

Contan que nos últimos tempos o problema se agravou. "Aquí hai pelexas, roubos no súper, tiróns de bolsos pola rúa". "Reclamamos máis policía porque así non se pode seguir".

Lamentan que só os días de chuvia poden respirar un pouco aliviados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade