Publicador de contidos

Publicador de contidos

Besteiro defende que o traspaso da AP-9 a Galicia non é prioritario e o BNG chama "hipócrita" ao PSOE

Besteiro defende que o traspaso da AP-9 a Galicia non é prioritario e o BNG chama "hipócrita" ao PSOE

O líder do PSdeG aposta por eliminar as peaxes 

A Xunta amósase decepcionada e pídelle a Pedro Sánchez que rectifique

PSOE e Sumar frean o traspaso e ofrecen unha cesión de competencias limitada 

Asociación de transportistas claman pola fin das peaxes da AP-9

A lea polo traspaso da titularidade da AP-9 a Galicia continúa
G24.gal 23/10/2025 13:36

Cartas boca arriba sobre a AP-9. O PSOE e Sumar bloquean o traspaso da titularidade da autoestrada a Galicia. Din os socialistas que a prioridade dos galegos é outra.

Segundo o líder socialista galego, Xosé Ramón Gómez Besteiro, "a inmensa maioría dos galegos o que quere é que eliminen as peaxes" e ese "é o camiño prioritario no que nós estamos orientando a nosa liña política". A cambio ofrecen cesión de competencias.  Esa cesión de competencias sería limitada e permitiríalle á Xunta facer propostas, pero sen ter a decisión final. 

O conselleiro da Presidencia amósase decepcionado e apunta a Besteiro. Diego Calvo lamenta "que o presidente do club de fans de Pedro Sánchez, teña tan pouco peso dentro do seu partido".

A Xunta apela ao presidente do Goberno e pídelle que rectifique, que trate a Galicia coma o resto das autonomías onde se están rescatando autoestradas.

"É unha oportunidade que temos, pero visto o visto creo que o que imos ter é unha enorme decepción por parte do Goberno", lamenta o conselleiro de presidencia.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, tachou de "hipócrita" a postura do PSOE respecto a a AP-9 e pediulle que retire as emendas nas que propoñen transferir a Galicia as competencias relacionadas coa xestión desta autoestrada pero non a titularidade da infraestrutura.

Nun comunicado, o BNG esixe ao PSOE que rectifique e retire as emendas presentadas na lei para a transferencia da AP-9 e considerou que o rexistro da nova redacción é "unha mostra de como os partidos estatais din unha cousa en Galicia e a contraria en Madrid".

Lamentou que, "unha vez máis, o partido que goberna no Estado volve furtar a vontade popular galega"; algo que xa "pasou co PP e está a pasar co PSOE", que non cumpre así co acordo de investidura asinado co BNG.

O traspaso desta autoestrada é unha demanda política, pero tamén social. Sectores coma o do transporte levan anos denunciando a ilegalidade das prórrogas e reclamando a eliminación das peaxes. Nos últimos catro anos, os beneficios da concesionaria triplicáronse.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade