Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nace a plataforma dixital Aldealista para darlle visibilidade ao rural

Nace a plataforma dixital Aldealista para darlle visibilidade ao rural

Aldealista é unha web pioneira para volver encher de vida as aldeas

Pon o foco nos 209 municipios galegos con menos de 5.000 habitantes

Nace unha nova plataforma dixital para promover o rural
G24.gal 26/09/2022 14:43

"Aldealista nace nunha aldea que é Castiñeiro, aquí en San Xoán de Río, que eramos cero censados cando saltou o estado de alarma. Hoxe xa somos 6, comeza tamén a crearse un pequeno negocio dun cámping sostible e por tanto imos darlle visibilidade ao que é toda a nosa Galicia rural", conta Juan Carlos Pérez, fundador de Aldealista.

Vivía entre Oslo e Panamá pero coa pandemia quedou atrapado na aldea dos veráns e a infancia. Agora Castiñeiro é o seu fogar e dende aquí traballa por facer visible o rural. É así como nace a plataforma dixital Aldealista con sede operativa en Noruega e feita por emigrantes galegos. En Castiñeiro xa está colgada a baldosa co código QR e toda a información do concello. Esta é a física, a outra, a virtual estará na rede en outubro.

 "Pois simplemente temos que escanear o que erre e nese momento podemos ir á web de San Xoán de Río, imos ver toda a información, temos todas as igrexas, logo podemos ver as festas, en caso que haxa algunha, ou podemos comer", explica Marta Castellanos, socia de Aldealista.

Onde comer, onde pasar a noite, que mercar, canta xente os visita, todo queda rexistrado na web e calquera concello de menos de 5.000 habitantes pode formar parte de Aldealista.

 "Calquera municipio, calquera alcalde pode facer a súa solicitude en info@aldealista.com e desa forma ten dixitalizado o que sería o seu concello", continúa Juan Carlos.

A web nace con carácter colaborativo.

"Hai unha vila que te está agardando e hai unha vila que se namorou de ti, polo tanto tes que ir descubrir esa vila, que era invisible e hai que facela visible, iso é a plataforma Aldealista", sentenza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade