Música e festa na presentación do novo proxecto do Obradoiro
Os afeccionados gozaron coas novas facianas, pero o máis recoñecido continúa a ser o eterno Moncho Fernández
Ao ritmo da orquestra Olympus e nun ambiente festivo presentouse o novo proxecto do Monbús Obradoiro para a Liga ACB 22-23. Un por un foron pasando todos os xogadores do cadro, pero, unha temporada máis, o que recibiu a ovación máis grande foi o técnico de Pontepedriña Moncho Fernández.
Da temporada pasada continúan Zurbriggen, os irmáns Scrubb, Álvaro Muñoz, Edgar Vicedo e Álex Suárez. Para esta temporada incorpóranse seis novas pezas, tres delas procedentes de clubs que o ano pasado xogaban Euroliga. As máis ambiciosas son o base Leo Westermann e os pivotes Dragan Bender e Blazevic. Completan as incorporacións o escolta Paige, o aleiro Walker e Guerrero, outro pivote que chega de Unicaja.
O primeiro partido da temporada xogarano o xoves 29 de setembro no Multiusos Fontes do Sar ante o Zaragoza.