Publicador de contidos

Publicador de contidos

Multitudinario Enterro da Sardiña en Ourense entre choros e saloucos

Multitudinario Enterro da Sardiña en Ourense entre choros e saloucos

A sardiña acabou queimada no Parque de San Lázaro de Ourense entre centos de entroideiros

G24.gal 02/03/2022 23:08

Choros e saloucos baixo as máscaras sanitarias despiden o Entroido 2022 en Ourense.

A sardiña acabou queimada no Parque de San Lázaro de Ourense entre centos e centos de entroideiros que a quixeron despedir no derradeiro acto deste Entroido, algúns con verdadeiro desgusto.

A comitiva fúnebre que saíu da Praza Maior, congregou moitas viúvas e ocupou varias rúas. Coa música dunha charanga de Trives, os asistentes repartíronse entre bailóns e choromicas que xa botan de menos o Entroido.

Tras a despedida, os ourensáns comezan a argallar xa o vindeiro.  
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade