Os peóns teñen responsabilidades na vía pública e non cumprilas pode ter sancións de ata mil euros
Os peóns teñen responsabilidades na vía pública e non cumprilas pode ter sancións de ata mil euros
200 euros de sanción por cruzar un semáforo en vermello
Atravesar a estrada fóra dun paso de peóns é unha das infraccións máis habituais
Camiñar pola marxe dereita dunha estrada fóra de poboado pode custarnos e vida e 100 euros de multa
Se son dos que pensan que só lle poden poñer unha multa de tráfico cando conducen un vehículo... nada máis lonxe da realidade. Os peóns tamén teñen responsabilidades na vía pública e non cumprilas pode carrexarnos unha multa.
Aproveitar que non pasa ningún coche cando o semáforo de peóns está en vermello é unha infracción grave que pode carrexarnos unha multa de 200 euros.
Non menos rendible é cruzar a estrada fóra dun paso de peóns. Acción que ademais pon en risco a nos propia seguridade pode custarnos 100 euros.
Todos sabemos que está prohibido camiñar polas autoestradas e autovías, pero sabemos como circular por unha estrada na que non hai unha zona peonil habilitada? Nestes casos, os peóns deben camiñar pola marxe esquerda da estrada para poder ver de fronte os vehículos que se acercan e poder percibir calquera risco para a nosa integridade, o contrario, podería custarnos a vida, e no menor dos casos, 100 euros menos no peto. Que poderían ser 200 se aínda por riba non levamos o chaleco reflector.
Así que xa saben, circular con sentidiño é gañar en seguridade e aforraranos moitos desgustos económicos.