Cargando resultados...
Mrsic quítalle dramatismo e non ve o partido ante o Zaragoza como unha final
No equipo rival, Okafor xogará finalmente en Lugo
G24.gal
24/11/2023 16:55
Última actualización 24/11/2023 16:59
Tras derrotar o Hapoel Holón, o Breogán quere repetir triunfo en liga ante o Zaragoza e saír da zona baixa da clasificación ante un rival directo
Malia estar en descenso, Mrsic quere restarlle dramatismo á situación fronte aos que ven o partido como unha final.
"É normal que a prensa, que a directiva digan que este partido é unha final e lalalalalala".
"Como dixo Obradovic na Euroliga: "Cada posesión conta".
No equipo rival, Okafor xogará finalmente en Lugo ante o Breogán. Será o seu último partido co Casademont Zaragoza.