Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mrsic: “O equipo deu un paso adiante moi grande”

Mrsic: “O equipo deu un paso adiante moi grande”

O técnico do Breogán tamén aconsella aos lucenceses que se abonen

Foto @CBBreogan
G24.gal 05/01/2024 15:47 Última actualización 05/01/2024 15:52

Dous días antes do transcendental duelo contra o Granada, un rival directo na pelexa pola permanencia na liga Endesa, o adestrador del Río Breogán, Veljko Mrsic, considera que o seu equipo deu “un paso adiante moi grande” no partido da liga de Campións contra o Karsiyaka a pesar de sufrir unha nova derrota.

“Xogamos ben bastante tempo ante un moi bo equipo que ten seis americanos de moito nivel. Vendo os números, repartimos 27 asistencias e creamos dez tiros moi bos que non metemos. Temos que mellorar algunhas cousas en defensa pero estamos moito mellor”, comentou.

Na súa comparecencia ante os xornalistas, o técnico croata eloxiou ao seu compatriota Toni Nakic, quen reapareceu nos últimos dous partidos tras superar a grave lesión de xeonllo que lle obrigou a pasar polo quirófano antes de arrincar a tempada.

“Vai necesitar algo máis de tempo para coller o ritmo de competición, pero é un xogador moi importante para nós. Con el na pista xogamos doutra maneira como se viu en Gran Canaria e en Turquía. Nakic é un xogador moi intelixente”, subliñou.

Mrsic aconsella aos lucenses que se abonen.

"Do minuto 1 ao 40 estarán tremendo, se queren divertirse que veñan. Precisamos a súa axuda".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade