Cargando resultados...
Mrsic asina a renovación por unha temporada máis no Breogán
O croata chegou logo da fuxida de Paco Olmos e o seu contrato remataba ao final desta temporada
G24.gal
06/04/2022 22:12
Velko Mrsic vai seguir á fronte do Rio Breogán. O adestrador e o club da muralla chegaron a un acordo para que o croata continúe tamén durante toda a temporada que vén.
O de Split tiña contrato ata final desta temporada, lembrarán que chegou para substituír a Paco Olmos logo da fuxida súbita deste ao Burgos. Malia que el non foi quen fixo o equipo, si foi quen de conseguir un gran nivel de xogo e de resultados. Mrsic ten o equipo xa salvado matematicamente e pensando en metas maiores.
"Estou feliz. Estamos salvados e xa podemos pensar no futuro"