Mrsic agarda que o Pazo sexa "un inferno" para recibir o Bilbao
Boa parte das posibilidades de permanencia do cadro lucense pasan polos resultados que saque como local
O Breogán afronta os oito últimos partidos da liga na ACB fóra do descenso pero coa auga ao pescozo. A derrota no derbi diante do Obradoiro devolveunos ao límite e agarda saír del nesta xornada contra o Bilbao, un equipo que chega a Lugo despois de sumar dúas vitorias seguidas contra Joventut e Baskonia.
Mrsic non considera que o Pazo vaia ser o factor determinante, pero si que pode axudar moito os xogadores do Breogán. "Agardo que sexa un inferno, ao igual que vivimos a semana pasada no campo do Obradoiro".
Pero o adestrador croata tamén fala de non perderlle a cara a ningún partido. Veljko Mrsic lembra que tres dos sete partidos que gañou o seu equipo foron lonxe do Pazo e, sen ir máis lonxe, a última vitoria do equipo foi no Palau, onde ninguén o agardaba.