Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moyano, sobre a visita a Granollers: "Temos moito que gañar e moi pouco que perder"

Moyano, sobre a visita a Granollers: "Temos moito que gañar e moi pouco que perder"

O Frigoríficos encara o últimas tres xornadas da liga Asobal con catro puntos de vantaxe sobre o Helvetia Anaitasuna e o Bada Huesca

Foto Cangas Foto Cangas
G24.gal 14/05/2025 11:33 Última actualización 14/05/2025 11:44

O adestrador do Frigoríficos do Morrazo, Nacho Moyano, declarou este mércores que o seu equipo ten “moito que gañar e moi pouco que perder” no partido que dentro de dous días disputará contra o Fraikin Granollers.

“Granollers non é o mellor sitio para ir xogar con necesidade, aínda que esta tempada quizais estamos nunha situación máis tranquila que en anos anteriores. É verdade que aínda non temos pechada a permanencia, pero non temos tanta urxencia como nos últimos anos”, comentou en conferencia de prensa.

O Frigoríficos encara as últimas tres xornadas da liga Asobal con catro puntos de vantaxe sobre o Helvetia Anaitasuna e o Bada Huesca, que ocupan o posto de promoción de descenso e descenso directo, respectivamente.

“Temos que seguir coa mesma ambición, pensando que matematicamente aínda non conseguimos o obxectivo da permanencia. Quédannos tres partidos e hai que afrontalos como tres finais”, avisou.

Neste sentido, apuntou que no Palau d’Esports de Granollers teñen “moito que gañar e moi pouco que perder” porque se miden a un rival que está “nun gran momento de forma” e que necesita a vitoria para “seguir enganchados á pelexa pola segunda e terceira posición”.

“Alí sempre nos custou moitísimo gañar, pero vexo ao equipo ben, con ganas de darlle continuidade ao bo traballo que vimos facendo”, subliñou o preparador do Frigoríficos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade