Publicador de contidos

Morre unha persoa ao envorcar o seu tractor en Poio

Morre unha persoa ao envorcar o seu tractor en Poio

G24.gal 30/10/2021 18:31

Un home de 38 anos faleceu esta tarde no lugar de Fontenla, en Poio, ao envorcar o tractor que conducía. Ata a zona do accidente desprazáronse sanitarios do 061, que non puideron facer nada por salvarlle a vida, efectivos dos parques de emerxencias de Sanxenxo e os bombeiros de Ribadumia, que excarceraron á vítima atrapada entre os ferros do vehículo agrícola.

O accidente sucedeu sobre as cinco da tarde. Unha persoa que acompañaba ao home que estaba no tractor alertou os servizos de emerxencia. Axentes da Garda Civil, da Policía Local e de Protección Civil de Poio tamén estiveron no lugar.

O home traballaba coa máquina agrícola nunha leira particular cando esta envorcou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade