Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre unha muller de 33 anos, que viaxaba coa nai e co fillo, nun accidente en Oia

Morre unha muller de 33 anos, que viaxaba coa nai e co fillo, nun accidente en Oia

O vehículo bateu contra un noiro e a vítima quedou atrapada

Os outros dous ocupantes sufriron feridas de diversa consideración

O vehículo en que viaxaba a vítima no lugar do accidente
G24.gal 15/06/2024 15:06 Última actualización 15/06/2024 20:50

Unha muller de 33 anos faleceu no concello de Oia tras bater contra un pequeno noiro o coche no que viaxaba de copiloto. Conducía a súa nai e detrás viaxaba o seu fillo, de curta idade.

Ocorreu pasadas as 13:00 horas na estrada PO-354 ao seu paso pola parroquia de Lourenzá. O turismo saíu da vía no quilómetro 8 e a vítima quedou atrapada no interior.

A muller morreu tras ser liberada polos bombeiros. O persoal sanitario atendeu o menor no lugar dos feitos e a condutora foi trasladada en helicóptero ao hospital Álvaro Cunqueiro. 

A estrada xa recuperou a normalidade tras permanecer cortada para facilitar o operativo de emerxencias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar