Cargando resultados...
Morre un traballador en Narón sepultado por serraduras cando baleiraba un camión
A vítima, de 41 anos, quedou parcialmente sepultado polas serraduras

G24.gal
03/06/2022 12:43
Última actualización 03/06/2022 14:34
Morre un traballador en Narón de 41 anos ao quedar parcialmente sepultado por unha montaña de serraduras, segundo informa o Emerxencias de Galicia 112.
O accidente produciuse esta mañá cando a vítima trataba de baleirar un camión. Ata o lugar do accidente para atender a vítima achegouse unha ambulancia do 061. Tamén interviñeron no seu rescate os bombeiros de Narón e a Policía Nacional e Local.