Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xuíces da Coruña rexeitan a creación de xulgados de violencia sobre a muller a costa dos de instrución

Xuíces da Coruña rexeitan a creación de xulgados de violencia sobre a muller a costa dos de instrución

Non ven xusto que se supriman prazas do Xulgado de Instrución pola carga de traballo

Pura Caamaño cree que o que se faga en Vigo, debería facerse tamén na Coruña

G24.gal 04/07/2025 13:00

Xuíces e xuízas dos órganos de Instrución da Coruña cren que coa creación da nova praza de Violencia sobre a Muller aparecerán prexuízos moi considerables debido a que se fai a costa de eliminar unha do Xulgado de Instrución.

Tamén alertan dun grave prexuízo ao servizo público, ademais de incrementar considerablemente o número de gardas semanais.

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 7 do Partido Xudicial da Coruña, Pura Caaveiro, alegou que esta alternativa non é xustificada nin racional para logo insistir na necesidade de reverter esta medida. Isto sucedeu durante a protesta convocada para denunciar esta situación derivada do novo decreto do Ministerio de Xustiza.

Co decreto, dúas das catro prazas novas para xuíces destinados ás seccións de casos de violencia machista que gaña Galicia créanse a cambio de suprimir dúas de Xulgados de Instrución na Coruña e en Vigo.

Segundo o colectivo, a medida foi adaptada tras desatender os argumentos remitidos ao Consello Xeral do Poder Xudicial respecto á carga de traballo que teñen nos Xulgados de Instrución, o que derivaría nun prexuízo.

"É fundamentalmente irracional considerar que o volume de asuntos dun xulgado determina a carga efectiva e real que soporta", incidiu Caaveiro.

Así, explicou que esta medida podería reverterse en Vigo, o que supoñería un agravio comparativo para ela. En cambio, defende que as accións para motivar este cambio de criterio deberían ser aplicables tamén no caso da cidade herculina.

"Se non se manteñen as oito prazas na sección de Instrución da Coruña daríase o paradoxo de que, cunha poboación superior, contaríase cunha praza menos na mesma sección", remarcou.

En calquera caso, incidiu nunha demanda imperiosa de creación dunha nova praza de sección de Violencia sobre a Muller e manter o mesmo número de Instrución.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade