Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno prohibe a entrada en España dos ministros israelís Smotrich e Ben Gvir

O Goberno prohibe a entrada en España dos ministros israelís Smotrich e Ben Gvir

É unha das nove medidas aprobadas no Consello de Ministros

Sigue en directo a conferencia de prensa posterior o Consello de Ministros, prevista para as 12:30

O Goberno anuncia o embargo de armas a Israel por lei e prohibirá a entrada a quen participe no xenocidio

Albares, xunto a Alegría e García na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros (EFE/ JJ Guillén)
G24.gal 09/09/2025 08:04

O Goberno aprobou a prohibición de entrada a España dos ministros ultradereitistas israelís Bezalel Smotrich e Itamar Ben Gvir no marco do paquete de medidas adoptadas para frear o "xenocidio" en Gaza.

Así o anunciou este martes o ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares, ao termo do Consello de Ministros no que se deu luz verde ás nove medidas anunciadas a véspera polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e que foron tachadas de antisemitas por Israel.

Segundo precisou Albares, Ben Gvir, ministro de Seguridade Nacional, e Smotrich, titular de Facenda, serán incluído na listaxe de persoas sancionadas, no que xa están algúns colonos israelís, e "non poderán acceder a territorio español", ademais de ser incluídos no sistema de información Schengen.

O Goberno responde así á decisión do Executivo de Benjamin Netanyahu de vetar a entrada en Israel da vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, e da ministra de Mocidade, Sira Rego, en resposta ás medidas anunciadas por Sánchez, que inclúen o embargo de armas, e vén sumarse á decisión de chamar a consultas á embaixadora en Tel Aviv, Ana María Salomon.

Albares di que estas medidas mostran o compromiso  do Goberno español e da maioría da cidadanía coa paz. Asegurou que non podía permanecer "impasible" ante tantas mortes inocentes.

Sánchez avanzou este luns nove iniciativas que se suman ás que foi xa aprobando o Executivo contra Israel e explicou que a súa aplicación sería inmediata e que o obxectivo é aumentar a presión sobre ese país.

Entre elas figura a aprobación dun real decreto lei que consolide xuridicamente o embargo de armas que vén aplicando de feito desde outubro de 2023.

Ademais, España denegará a entrada ao seu espazo aéreo a todas aquelas aeronaves de Estado que transporten material de defensa destinado a Israel e prohibirase o tránsito por portos españois a todos os barcos que transporten combustibles destinados ás forzas armadas israelís.

Tamén se prohibirá a importación de produtos provenientes dos asentamentos ilegais en Gaza e en Cisxordania co obxectivo de combater estas ocupacións, frear o desprazamento forzoso de poboación palestina e manter viva a solución dos dous Estados.

Co mesmo obxectivo, limitaranse os servizos consulares prestados aos cidadáns españois residentes nos asentamentos ilegais israelís á mínima asistencia legalmente obrigatoria.

Da mesma forma, reforzarase o apoio á Autoridade Nacional Palestina mediante un incremento dos efectivos na misión de asistencia fronteiriza que a Unión Europea ten no paso de Rafah e haberá novos proxectos de colaboración nos ámbitos de agricultura, seguridade alimentaria e asistencia médica.

Albares dixo que o Goberno non teme represalias por estas medidas, e dixo que benefician a todos, "incluido Israel"

 

Sánchez anunciara igualmente un aumento da contribución á axencia da ONU para os refuxiados palestinos (a UNRWA) de dez millóns de euros adicionais e un incremento da partida de axuda humanitaria para Gaza ata alcanzar os 150 millóns de euros en 2026.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade