Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno quere impedir fumar en terrazas ou piscinas e prohibir o consumo a menores

O Goberno quere impedir fumar en terrazas ou piscinas e prohibir o consumo a menores

Equipara os cigarros convencionais e os electrónicos 

Tampouco se poderán consumir estes produtos en espectáculos e concertos ao aire libre

Establece un perímetro de seguridade de 15 metros ao redor das zonas protexidas, como instalacións sanitarias, centros educativos ou deportivos ou parques infantís, nos que tampouco se poderá consumir

G24.gal 09/09/2025 08:40

O Consello de Ministros aprobou este martes o anteproxecto da lei antitabaco, que equipara os cigarros electrónicos aos convencionais e prohibe fumar e vapear en novos espazos como as terrazas de hostalería, piscinas ou marquesiñas, pero que finalmente non introducirá o empaquetado xenérico.

Unha das grandes novidades é que prohibe expresamente o consumo de tabaco e produtos relacionados por parte de menores, algo que ata o de agora non estaba regulado, xa que a prohibición se limitaba á venda ou entrega de tabaco.

Así pois, o texto final do anteproxecto da futura lei, á que queda aínda unha segunda volta polo Consello antes de iniciar a súa andaina parlamentaria, define novos espazos libres de fume ou amplía os existentes, ademais de terrazas, piscinas e outros lugares públicos de lecer, universidades, instalacións deportivas ou vehículos comerciais, que pasan a ser considerados lugares de traballo.

Tampouco se poderán consumir estes produtos en espectáculos e concertos ao aire libre.

Distancia de seguridade de 15 metros

O texto establece ademais un perímetro de seguridade de 15 metros lineais ao redor das zonas protexidas, como instalacións sanitarias, centros educativos ou deportivos ou parques infantís, nos que tampouco se poderá consumir nin tabaco nin os seus relacionados, e limita a publicidade e o patrocinio.

(Europa Press. Eduardo Parra-Arquivo)

O que quedou excluído é o empaquetado xenérico, unha medida amplamente reivindicada polas organizacións da loita contra o tabaquismo pero sobre a que non houbo acordo entre os socios do Goberno; con todo, o departamento que dirixe Mónica García deixa a porta aberta a que poida introducirse despois na súa tramitación parlamentaria.

Non recolle un aumento da fiscalidade para elevar o prezo

Tampouco recollerá o incremento do prezo a través do aumento da fiscalidade, no que Sanidade levaba meses negociando co departamento de Facenda, aínda que neste caso non chegou a estar plasmado en ningún borrador. 

A reforma da lei de 2005 que elevou o Ministerio de Sanidade ao Consello de Ministros incorpora medidas para fortalecer a prevención, protexer os colectivos máis vulnerables, especialmente os mozos, e ofrecer maior claridade xurídica fronte á proliferación de novos produtos relacionados co tabaco que, ata a data, carecían dunha regulación específica.

 

O anteproxecto equipara os vapeadores cos tradicionais cigarros O anteproxecto equipara os vapeadores cos tradicionais cigarros

O texto de Sanidade prohibe expresamente a venda e subministración de cigarros electrónicos dun só uso. Ademais, queda prohibida toda forma de publicidade, promoción e patrocinio, directa ou indirecta, incluído calquera tipo de comunicación comercial ou promoción de produtos do tabaco e produtos relacionados,

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade