Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un mozo nun accidente de tráfico en Ramirás

Morre un mozo nun accidente de tráfico en Ramirás

O condutor de 28 anos faleceu tras írselle fóra da estrada o coche e bater contra unha árbore

O vehículo do falecido quedou envorcado nunha zona de difícil acceso/Garda Civil de Tráfico
G24.gal 26/08/2023 09:19 Última actualización 26/08/2023 14:58

Novo accidente mortal nas estradas ourensás este verán. Un mozo de 28 anos, natural de Venezuela morre a primeiras horas deste sábado tras sufrir un accidente de tráfico en Ramirás.

O vehículo que conducía foise da estrada pola súa marxe dereita, envorcou e bateu contra unha árbore na estrada OU-531, que une Xinzo con Cortegada.

O 112 Galicia rexistrou a notificación do accidente polo sistema eCall do vehículo do mozo falecido. O condutor non respondía ás comunicacións de Emerxencias. Activouse un operativo de atención e trasladáronse ata o lugar do accidente os servizos de Urxencias do 061, axentes da Garda Civil de Tráfico, os bombeiros da mancomunidade de Celenova e o equipo de Protección Civil da mancomunidade.

A vítima estaba atrapada no turismo, polo que foi preciso excarceralo. Pero non puideron facer nada por salvarlle a vida. Era un mozo nado en Venezuela en 1995 que conducía un Mercedes A200.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade