Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre ao caer desde a azotea dun hotel nas Palmas mentres facía unha autofoto

Morre ao caer desde a azotea dun hotel nas Palmas mentres facía unha autofoto

Estaba de costas á varanda tentando facer unha autofoto coa praia ao fondo, ao apoiarse perdeu o equilibrio e precipitouse ao baleiro dende unha altura de máis de 25 metros

G24.gal 06/05/2025 13:22

Un home de 48 anos faleceu na madrugada do sábado ao domingo ao precipitarse ao paseo de Las Canteras, nas Palmas de Gran Canaria, desde a azotea dun hotel mentres trataba de facer unha autofoto.

Cando o establecemento xa ía cerrar, pasada a unha da mañá, estaba de costas á varanda da terraza tentando facer unha autofoto coa praia das Canteras ao fondo. Ao apoiarse perdeu o equilibrio e precipitouse ao baleiro dende unha altura de máis de 25 metros.

Testemuñas dos feitos e persoal do hotel deron a voz de alarma ás emerxencias, pero faleceu no acto como consecuencia do impacto. A Policía tomou declaración aos acompañantes do falecido e mantén aberta unha investigación para aclarar as circunstancias exactas da morte.

Todo apunta a un fatal accidente, e un estudo recentemente publicado a nivel mundial reflicte que cada trece días unha persoa falece facendo unha autofoto. Algunhas son inofensivas, pero moitas persoas non coñecen de límites cando se trata de conseguir a mellor foto, a imaxe máis perfecta para publicala despois nas redes sociais.

Por iso o número de mortes absurdas por este motivo non deixa de medrar. Nos últimos quince anos máis de 500 persoas morreron facendo unha autofoto. A súa idade media era de 24 anos e as principais causas destas mortes caídas desde alturas, atropelos ou afogamentos. A India lidera esta triste serie de falecidos, seguida dos Estados Unidos, Rusia e España.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade