Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home de 85 anos falece tras sufrir un accidente de tráfico en Abadín

Un home de 85 anos falece tras sufrir un accidente de tráfico en Abadín

A vítima morreu de madrugada no hospital Lucus Augusti de Lugo

Imaxe do accidente ocorrido na estrada LU-120 que une Vilalba e Paraxes Imaxe do accidente ocorrido na estrada LU-120 que une Vilalba e Paraxes
G24.gal 02/10/2022 11:37 Última actualización 02/10/2022 13:11

Un home de 85 anos, veciño de Cartaxena (Murcia), faleceu esta madrugada no hospital universitario Lucus Augusti de Lugo, onde estaba ingresado tras sufrir un accidente de tráfico.

O sinistro produciuse pouco antes das oito da tarde do sábado no punto quilométrico 14,400 da estrada LU-120 que une Vilalba e Paraxes, no termo municipal de Abadín

Segundo informa a Garda Civil, o coche no que viaxaba saíu da vía pola marxe esquerda e bateu contra unha canalización de auga.

Nun primeiro momento, o condutor e o seu acompañante quedaron feridos e foron trasladados ao centro hospitalario. Horas despois, confirmouse o falecemento dun deles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade