Cargando resultados...
Morre un home atropelado por un furgón en Sarria
O falecido tiña 78 anos

G24.gal
27/11/2022 14:02
Última actualización 27/11/2022 19:39
Tráxico accidente en Sarria. Un home de 78 anos faleceu despois de ser atropelado por un furgón no centro da localidade na praza da Vila,pouco antes da unha da tarde . Tras o aviso a Emerxencias desprazáronse ata o lugar as urxencias sanitarias do 061, os bombeiros de Sarria e axentes da Policía Local, que investigan o que pasou e instrúen o atestado. Os servizos médicos só puideron certificar o falecemento.
#AXEGAInforma do falecemento dun home en #Sarria.
— 112Galicia (@112Galicia) November 27, 2022
Unha furgoneta alcanzouno na Praza da Vila.
Interviñeron: Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Sarria e axentes da Policía Local pic.twitter.com/QK0BKahysO