Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home ao envorcar co seu tractor en San Sadurniño

Morre un home ao envorcar co seu tractor en San Sadurniño

G24.gal 05/05/2022 19:54 Última actualización 05/05/2022 20:06

Un home faleceu este xoves ao envorcar o tractor que manexaba nunha leira do lugar de Pielas, no municipio coruñés de San Sadurniño.

O 112 recibiu aviso do sinistro arredor das seis e cuarto da tarde deste xoves.  Ao lugar acudiron os Bombeiros do Eume e a Garda Civil.

O home quedara atrapado baixo o vehículo e os bombeiros tiveron que excarceralo. Pero os equipos sanitarios desprazados á zona xa non puideron facer nada por salvarlle a vida.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade