Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un pescador de Redondela morre afogado no porto deportivo de Chapela

Un pescador de Redondela morre afogado no porto deportivo de Chapela

O falecido caera ao mar e uns particulares lograron sacalo da auga, pero non conseguiron reanimalo

G24.gal 02/08/2025 18:19 Última actualización 02/08/2025 21:12

Un pescador de Redondela de 72 anos morreu na tarde deste sábado no porto deportivo de Chapela, preto da praia de Arealonga, por causas aínda sen determinar.

Segundo informa o 112, o falecido caera ao mar e uns particulares lograron sacalo da auga, pero non foron quen de reanimalo. O corpo estaba aboiando entre dúas embarcacións.

Ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Nacional e local, persoal sanitario do 061 e membros da agrupación municipal de voluntariado de protección civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade