Cargando resultados...
Morre un condutor centenario nun accidente de tráfico en Vilalba
O choque provocou tres feridos

G24.gal
30/03/2022 21:06
Un veciño de Vilalba de cen anos faleceu esta tarde nunha colisión frontal entre o vehículo que conducía e outro á altura do quilómetro 7 da estrada autonómica Vilalba-Paraxes, no termo municipal vilalbés.
O accidente ocorreu contra as catro da tarde. Axña. trasladaron o home gravemente ferido ao Hospital Lucus Augusti, onde morreu, e no que ingresaron outras tres persoas feridas no mesmo accidente.