Publicador de contidos

Publicador de contidos

O ano pasado en Galicia morreron 89 persoas en accidente de tráfico

O ano pasado en Galicia morreron 89 persoas en accidente de tráfico

A Comisión Galega de Seguridade Viaria analiza os datos de 2024 co obxectivo de consensuar novas medidas para atallar esta eiva

G24.gal 26/05/2025 13:23

Responsables do Goberno central, da Xunta, da Garda Civil e da Policía analizaron este luns detalladamente estes datos co obxectivo de consensuar novas medidas para atallar esta eiva. E deron un dato máis: sete da cada dez accidentes mortais déronse con vehículos que superaban os dez anos.

Vehículos máis vellos e máis tráfico nas estradas son algunhas das circunstancias que subliñou hoxe o delegado do Goberno en Galicia. Falou de estabilidade, a cifra de falecidos en 2024 é un máis que en 2023.

 "Ao ver as cifras de mortos, 89 persoas, temos que falar de que detrás de cada número hai toda unha traxedia", dixo Pedro Blanco, o delegado do Goberno en Galicia.

Na Comisión Galega de Seguridade Viaria analizan tamén as campañas de seguridade para os motoristas, o colectivo onde máis aumentaron os accidentes mortais. Son 25 dos 89 falecidos nas estradas galegas.

"Dez motoristas mortos máis en 2024 que en 2023. Así que temos que deseñar campañas preventivas e insistir nas campañas de sensibilización", dixo o delegado do Goberno.

Os accidentes baixaron en todas as provincias agás na da Coruña. Campañas de sensibilización ou un aumento do 46 % nos investimentos en estradas deixan mesmo así incrementos destacados, como o do 30 % dos condutores que circulan en sentido contrario ou o 10 % de aumento de atropelos de animais salvaxes. 2025, semella que vai mellor. De momento os accidentes de tráfico reducíronse un 25 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade