Cargando resultados...
Atopan o corpo dun mozo de 14 anos que caeu á auga na lagoa de Pedras Miúdas de Catoira
Segundo os servizos de emerxencias, o mozo procedente de Caldas caeu á auga e non saíu
G24.gal
17/07/2025 20:54
Última actualización 17/07/2025 21:51
Segundo os servizos de emerxencias trataríase dun mozo procedente de Caldas de Reis que caeu á auga e non saíu.
Un amigo chamou ao 112 cando o mozo levaba máis de dous minutos somerxido sen dar sinais.
#AXEGAInforma da busca dun rapaz, que se lanzou á auga para nadar
— 112 Galicia (@112Galicia) July 17, 2025
📍Lagoa das Pedras Miúdas, #Catoira
▶️Un amigo chamou ao 112 cando o mozo levaba máis de dous minutos somerxido sen dar sinais.
🔗https://t.co/b2HSpuBxLc pic.twitter.com/1uJ91u0BLo
No lugar dos feitos atópanse, entre outros medios, mergulladores dos Bombeiros do Salnés e o GES de Padrón.