Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un mozo de Viveiro falece tras saír da vía e envorcar o seu vehículo en Xermade

Un mozo de Viveiro falece tras saír da vía e envorcar o seu vehículo en Xermade

O accidente ocorreu na LU-540, no termo municipal de Xermade

O condutor era o único ocupante do turismo

G24.gal 17/07/2025 19:24 Última actualización 17/07/2025 19:48

Un mozo de Viveiro de 27 anos morreu este xoves despois de saír da vía co coche no que circulaba pola localidade lucense de Xermade.

O accidente ocorreu pasadas as cinco da tarde, á altura do lugar de Roupar, na estrada LU-540.

Segundo os datos recollidos polos equipos de emerxencia, o vehículo caeu a unha cuneta "bastante profunda" e envorcou, deixando o condutor atrapado no interior.

Testemuñas do accidente alertaron a emerxencias e indicaron que a vítima "non respondía a estímulos".

O condutor, que era o único ocupante do turismo, tivo que ser liberado polos bombeiros do parque comarcal de Vilalba, pero xa falecera no momento da intervención.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade