Un mecánico lucense colga vídeos nas redes que teñen máis de trinta millóns de visualizacións
Iván Cabanas comezou facer estas gravacións hai dous anos e xa conta con máis de dous millóns e medio de seguidores
O mundo do motor sempre foi a paixón de Iván, que xa con 15 anos reparaba motos por puro pracer, pero con moito coñecemento. Formouse como mecánico, que é ao que se dedica, pero é a súa faceta como autor de vídeos sobre este campo o que o fai máis coñecido.
Asegura este profesional do ámbito do motor que "son coñecido porque comecei facer un contido de aprendizaxe que recibín dos meus antepasados e compañeiros de traballo".
Ten máis de dous millóns e medio de seguidores nas redes. Os seus vídeos son explicativos e prácticos. Duran sobre minuto e medio. Están editados, pero conteñen todos os pasos que implica cada procedemento.
Algúns dos seus vídeos teñen máis de trinta millóns de visualizacións. Comezou facelos hai dous anos, logo de 16 de experiencia como mecánico.