Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un veciño de Melide a causa da feridas sufridas ao caer co coche por un terraplén

Morre un veciño de Melide a causa da feridas sufridas ao caer co coche por un terraplén

O sinistro produciuse este xoves, cando o condutor, único ocupante do vehículo, saíu da vía e caeu por un desnivel de seis metros

O home foi rescatado aínda con vida e evacuado ao hospital en Santiago, onde faleceu

G24.gal 23/05/2025 10:18 Última actualización 23/05/2025 15:05

Un veciño de Melide de 74 anos faleceu no Hospital Clínico de Santiago ao que fora evacuado tras ser rescatado do interior do seu vehículo, co que sufriu un accidente este xoves no lugar da Andoriña, no mesmo concello de Melide.

O sinistro produciuse por unha saída de vía co coche que conducía e do que era o único ocupante. O vehículo caeu por un terraplén duns seis metros.

O coche saíu despedido despois dunha curva, e caeu monte abaixo ata que quedou freado nunha carballeira. Cren que foi horas despois cando un veciño que pasaba no tractor por este lugar da Andoriña viu algo brillar entre as árbores e baixou mirar que era.

Parece que recoñeceu o coche e avisou un dos fillos da vítima, que chamou a Emerxencias. Era pouco antes das seis da tarde. Dixo que a vítima estaba gravemente ferida, cun golpe forte na cabeza. Mobilizáronse os equipos de Urxencias Sanitarias, con helicóptero medicalizado. 

A vítima tivo que ser rescatada do interior do coche polos Bombeiros de Arzúa. Os sanitarios conseguiron estabilizar o home, que foi trasladado en helicóptero ao centro hospitalario compostelán.

O home finalmente faleceu debido á gravidade das feridas que sufría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade