Morre o escritor e profesor Alfonso Álvarez Cáccamo aos 71 anos
Nacido en Vigo en 1952, era fillo do tamén escritor Xosé María Álvarez Blázquez

O escritor e profesor Alfonso Álvarez Cáccamo faleceu este luns aos 71 anos no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde permanecía ingresado desde había semanas. Nacido en Vigo en 1952 e fillo do tamén escritor Xosé María Álvarez Blázquez, exerceu como profesor no colexio de Panxón, en Nigrán, ata a súa xubilación hai máis de dez anos.
Álvarez Cáccamo desenvolveu unha ampla traxectoria literaria con obras en ámbitos como narrativa, poesía, relatos e ensaios, ademais de colaborar en prensa en Faro de Vigo e A Nosa Terra.
En 1988 gañou o Premio Café de Catro a Catro de Novela por Peito de vimbio e dous anos despois conseguiu o Premio Xerais de Novela con As baleas de Eduardo Reinoso. Tamén gañou en 1993 o Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa con Xente de mala morte.