Publicador de contidos

Publicador de contidos

Montan un autómata cunha descrición do século XVII

Montan un autómata cunha descrición do século XVII

A montaxe vai poder visitarse no museo de monicreques de Lalín

Foi inspirado nun libro escrito por un cura, a petición do conde de Lemos

G24.gal 27/05/2022 20:15

Con madeira, ferro, tempo e dedicación estes dous artesáns reproducen un autómata seguindo a descrición que o abade Domingo Martínez de Presa fai nun libro do século XVII, considerado o primeiro tratado sobre este asunto. Foi unha petición do Conde de Lemos ao cura, que acometeu a empresa e describiu o enxeño.

E así ata vinte e seis personaxes, todos eles con movemento. Está Neptuno, a deusa Fortuna, San Cidre, bailaríns.

A iniciativa parte da Asociación Morreu o Demo, defensora do monicreque tradicional, que está detrás doutros autómatas deseñados por estes mesmos artesáns. 

Este enxeño recentemente acabado vai engrosar o fondo do Museo da Marioneta e o Xoguete de Lalín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade