David Duyos, un auténtico 'luthier' do século XXI
Este luthier do século XXI, co taller artesanal en Santiago, chega ata os Estados Unidos coas súas guitarras
Tarda arredor de dous meses en facer cada instrumento e custan arredor de 4.000 euros
David Duyos é un verdadeiro luthier do século XXI, que ten o seu taller artesanal en Santiago de Compostela… pero onde se remonta a súa historia?
"David Duyos é un rapaciño inquieto dun pobo pequeno de Asturias, que se chama Caravia. Dende pequeno, empecei a tocar a guitarra e alucinei con todo o mundo da música. Fixen un curso con Carlos Juan Busquiel, que é un mestre guitarreiro de Alacante e comecei a facer as guitarras coas miñas propias mans", di David Duyos.
Un luthier é un artesán que constrúe ou repara instrumentos musicais de corda, pero que caracteriza realmente un luthier?
"A selección da madeira e, despois, ti o que fas é levar ese anaco de madeira, non outro anaco, ese mesmo, ao mellor que che poida dar en termos de vibración, de volume, de timbre. Iso tes que facelo a man, tío", afirma o luthier.
Respecto a canto pode custar unha destas guitarras, o artesán argumentou que andan en torno aos 4.000 euros: "a partir de aí, creo que unha guitarra sexa artesanal, se non non me saen as contas".
David ten a súa sede en Santiago, pero non queda simplemente aquí, chega ata varios países do mundo coas súas guitarras, como Suecia, Polonia ou os Estados Unidos.