Publicador de contidos
Publicador de contidos

Moncho Fernández, o adeus máis duro despois de 14 anos á fronte do Obradoiro

Moncho Fernández, o adeus máis duro despois de 14 anos á fronte do Obradoiro

O técnico anuncia a súa decisión de deixar o club ao que chegou en 2010 e dirixiu durante trece temporadas na ACB

G24.gal 16/05/2024 22:17

Moncho Fernández non seguirá no Obradoiro. O técnico santiagués chegou ao Sar en 2010 co equipo en Liga Leb. Ascendeuno o primeiro ano e mantívose á fronte del durante trece temporadas na ACB, a época dourada do baloncesto en Santiago de Compostela. 

Foron case 500 partidos como primeiro adestrador dirixindo un grupo fiel de técnicos con Gonzalo e Víctor sempre ao seu carón. Campaña tras campaña conseguiron manter ao Obradoiro na elite, sempre con moito traballo e estreiteces económicas para deseñar os planteis. Despois da marcha de Pablo Laso do Real Madrid el era o técnico máis lonxevo cunha cifra difícil de acadar para calquera outro colega dos bancos. Ese periplo chegou esta noite ao final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar